We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

CuCú

by Broa

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €12 EUR  or more

     

1.
Liberatio 02:52
LIBERATIO Decidín someter a miña canción aos berros que saen do meu corazón. Asistín sen saber que só era eu quen escrequenaba a miña intención. Afasta que veñen por min afasta que veñen por nós. Afasta que veñen! Xuro que non pasarán prometo que non sairán. Prometo que non! Mutilo sentíndome mutilo sentíndome mutilo sentíndome Desmembro en anacos o corazón Mutilo sentíndome Mutílome! Se a forza das ondas romperan as gotas do suor da túa esperanza como anacos de sal que saen tronzando o alento de quen foxe. Sen saber que foxe, sen saber que hoxe pode ser o día, sen saber que hoxe pode ser non un día, senón UN NOVO DÍA. Se no fondo do arco da vella onde as fiestras da luz e da sombra se abren buscando un farrapo de luz esmagado polo sol dun día que.. Quen sabe? Ese día Pode ser hoxe Quen sabe? Se hoxe Pode ser hoxe o día.
2.
Cucú 02:57
Cucú Cucú! Que andas a facer? Os novos vellos collen o poder A maldición, dun deus sen corazón desapiadado volve acaecer. Xa caerás... Xa caerás... Sen ter memoria firmas o tratado da túa rendición CUCÚ Cucú! Non o queres ver? Os teus dereitos pezas dun xadrez A rebelión, ferramenta de acción enferruxada de tan pouco usar. Xa caerás... Xa caerás... Sen ter memoria firmas o tratado da túa rendición Por que o tempo se-parou? Por que o tempo se-parou?
3.
BOLSAS VACÍAS Voan as bolsas vacías no medio dos pesadelos chove auga bendita no meu paraugas dos medos. Segues movéndome os marcos segues movéndome os marcos segues movéndome os marcos Segues movéndome Os marcos! Din que a vida é mellor vivindo na ignorancia. Doloroso é saber recoñecer que a vida é mellor a cada paso na inconsciencia. Tan difícil é saber Recoñecer! Cas badaladas noite cando se rompe o resorte fico pasando frío fico moi asustado Fico pasando frío fico pasando frío Fico pasando frío Fico pasando frío Din que a vida é mellor vivindo na ignorancia. Doloroso é saber recoñecer que a vida é mellor a cada paso na inconsciencia. Tan difícil é saber Recoñecer! Se a fe ou a razón primitiva elección. Se o saber ou un dogma de fe no escuro anoitecer.
4.
Caio 02:57
CAIO Caio! Sempre na mesma pedra Caio! como se no soubera Caio! Sempre na mesma pedra Caio! Son eu a pedra Que me atranca o camiño E me fai caer Non é a pedra Nin tampouco o destino Senón a miña fe A miña fe… Debeuse perder A miña fe… Debeuse perder A miña fe… Debeuse perder No Xacobeo do 93 Caio! Sempre na mesma pedra Caio! como se no soubera Caio! Sempre na mesma pedra Caio!
5.
FILLOS DE SHARÓN Hordas de xigantes Constrúen os muros da vergoña Vergoña dun povo que extermina Da franxa de Gaza a Cirxordania Xigantes armados ata os dentes Co apoio e prace dos United Devolven con morte a acollida Un novo holacauso en Palestina Fillos de Sharón tentan convencer que isto non é unha masacre cruel Seguen destrozando irradian pesadelos torturan por pracer ao lombo de Yahvéh Fillos de Sharón Fillos de Sharón Filastin hurra Filastin hurra Ríos de sangue (matanza) O mundo deu costas non queda esperanza Non falan da bala na testa do neno (Non falan do corpo da nena enterrada con pala) Lobbys xudeos poñen a pasta opinión pública cala A puta da ONU nunca fixo nada A puta da ONU nunca fixo nada A patria do pobo xa foi rebentada Familias chorando debaixo dun muro Berrando que traia vinganza o futuro Un Futuro forxado por morte no escuro Con Cortes de auga, de luz, impostos e xuros Obvio vestir unha bomba co fin de aplaca-la tortura con odio Odio por odio, sangue por sangue Fame por fame, sede por sede anacos de corpos no chan levantan paredes Ocupacionistas tecen as redes Supremacistas levantan o brazo de ares almas inocentes pra hades Unha lexión de Torturas impunes! levadas a cabo polos militares Un, país de opresores inmunes que , secuestra a nenos sunnitas, hipócritas nazis conseguen o que necesitan xenocidio homicida que non vai cambiar inventa sospeitas pra supeditar pra aproveitar o poder que occidente lle permite ter o pior cego o que non quere ver o pior cego o que non quere ver Fillos de Sharón tentan convencer que isto non é unha masacre cruel Seguen destrozando irradian pesadelos torturan por pracer ao lombo de Yahvéh ao lombo de Yahvéh ao lombo... Fillos de Sharon Seguen destrozando Torturan pracer Torturan por pracer Fillos de Sharón Fillos de Sharón Filastin hurra Filastin hurra (Na defensa Do povo palestino Na defensa Do povo palestino)
6.
NAS MAREAS ESTRELEIRAS Escoitas nas mareas o canto da serea o himno da irmandade. Orgullo de nazón a miña implicación a túa resilencia. Fico no mesmo punto o punto que non mudou orgullo de ser nazón. Falábasme de vitorias vitorias con rendición o inimigo non somos NÓS. Que o noso acordo non quede no papel que non se fenda. Que a nosa loita non sexa esforzo en van que non se perda Aturarei, resistirei envites dos irmáns extinguirei a nosa guerra. Arrastrarei, seducirei aos neutros do cristal darán envexa. Escoitas nas mareas o canto da serea o himno da irmandade. Orgullo e nazón a miña implicación a túa resilencia. Fico no mesmo punto o punto que non mudou orgullo de ser nazón. Falábasme de vitorias vitorias con rendición o inimigo non somos NÓS. Que os nosos mortos non sexan escravos máis que mude a lenda. Que a nosa loita non sexa esforzo en van que non se perda Aturarei, resistirei envites dos irmáns extinguirei a nosa guerra. Arrastrarei, seducirei aos neutros do cristal darán envexa
7.
ENTEIRA PARA TI Pode ser que o meu amor conteña Trazos de egoísmo e sen razón  Sei que xa non son ningún Romeo Nin tampouco un Johnny Depp Un Gilbert Grape Vendería a miña alma se poidera Cantando discos de bachata, trap e Reguetón Iría a eses países onde houbo guerra E traería a súa receita da reconciliación Todo o mellor pasará  Contigo o mellor pasará  Todo o mellor pasará Contigo o mellor pasará  Odio escoitar que as cancións de amor Son un recurso Vacuo Un tema trillado Arrepía sentir que a vida ao teu lado Pasa máis axiña, moito máis rápido  (Recurso vacuo Tema trillado ) Contigo esgotarei Contigo extenuarei Cada segundo resta por contar Quero moita vida pra vivir  Contigo escribirei  No bafo do cristal Cada segundo resta por contar  Quero moita vida pra vivir 
8.
O fundador 04:19
FUNDADOR Eu son o fundador Dos segredos e as mentiras O dedo acusador Que entrou nas vosas vidas Eu son o fundador fariña, jaco e grifa O brandy de limpar O Alcohol das feridas  Vitamina... Eu son o fundador O heroe das túas festas  Montado no tractor semento calaveras Son o teu gran amor Amante de fuxida Fervente conexión  Eterna diatriba Vitamina... Eu son o fundador Dos segredos e as mentiras O dedo acusador Que entrou nas vosas vidas Vitamina... Eu son o fundador fariña, jaco e grifa O brandy de limpar O Alcohol das feridas  Vitamina... Quererme así é como matarte de amor polo nariz, polas veas, polo corazón x2 Ei! Si, ti! que sempre andas buscando vitaminas. Eu son o fundador O heroe das túas festas  Montado no tractor semento calaveras vitamina... Son o teu gran amor Amante de fuxida Fervente conexión  Eterna diatriba Vitamina... Quererme así é como matarte de amor polo nariz, polas veas, polo corazón x2
9.
PRENDE AS CADEAS Non hai cadeas Que prendan as ideas A nosa teima Costructo dun sistema Un susto apenas Notar que xa non termas A miña pena... Só somos nós o vento non o peito que nos sopra Só somos nós palabra Non o beizos que nos falan Que? Significa Que? Significa Que? Significa Significa, significa Romper! Un susto apenas pensas Cando as cadeas ceiban dos verdes cans dos ricos que traban sen conciencia x2 Muros que derribei Longa condena Noites de pedra Noites que non ollei Mira esa estrela Brilla con pena Beizos que non biquei... Non hai cadeas Que prendan as ideas A nosa teima Costructo dun sistema Un susto apenas Notar que xa non termas A miña pena... Só somos nós o vento non o peito que nos sopra Só somos nós palabra Non o beizos que nos falan Que? Significa Que? Significa Que? Significa Significa, significa Romper! Un susto apenas pensas Cando as cadeas ceiban dos verdes cans dos ricos que traban sen conciencia x2 Muros que derribei Longa condena Noites de pedra Noites que non ollei Mira esa estrela Brilla con pena Beizos que non biquei...
10.
Sairá o sol 02:35
SAIRÁ O SOL Nas barreiras Do mundo da ficción Finxiremos A hipócrita situación De quen sabe Que o propio xa non é o normal Unha realidade difícil de explicar Deixarán saír o sol Mais sen o noso Sairá o sol x2 Sei que me miras A fala da túa ollada Confirma a conmoción Son un marciano Chegado do espazo Verde galaico Sei que o sabes A cor das túa palabras Confirma o que dirás Un sentimento simpleza do complexo Difícil de explicar Deixarán saír o sol Mais sen o noso Sairá o sol Sei que no fondo Ti Sabes do que falo Entendes a emoción Un sentimento Simpleza do complexo Difícil de explicar Din que algún día Finará vergoña Dun pobo singular Un sentimento Galiza ceive, Poder Popular!
11.
Cunnilingus apoloxía Baixemos todos ao pilón con determinación sentido a satisfacción dos fluxos e do amor. Lambe a cuncha lambe a cuncha, lambe a cuncha lambe a cuncha. Sentín saír o alento do Teu gozo, teu gozo Sentín saír o alento do Teu gozo, teu gozo

about

Primiero LP de Broa

credits

released November 1, 2020

Gravado en Cimática Studio e producido por Mahi Ferradás. Voces gravadas en Pouland Studio con Iago Pico. Masterizado tamén por Iago Pico.
Deseño e maquetación: Miguel Duarte Tallón.

Cancións escritas en Cerceda, Nigrán, Vigo e A Coruña do 2014 ao 2020.

license

all rights reserved

tags

about

Broa Cerceda, Spain

Broa é a nova fornada musical saída das quenturas das chemineas fumeantes de Cerceda, paraíso do
A broa é de textura áspera con engurras que mal tocadas poden magoar mais no seu interior é doce e tenra. De igual xeito, o primeiro disco de Broa, “Cucú é un produto á vez doce e salgado; tenro e salvaxe mais sobre todo auténtico que non te deixará indiferente. ... more

contact / help

Contact Broa

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Broa, you may also like: